María Roo Sampedro
Fisioterapeuta
Procedente de Ribeira, aficionada ao deporte desde pequena, sobre todo ao tenis e aos bailes de salón, e amante da natureza.
Desde que descubriu a Fisioterapia no campo do deporte en 2014 tivo claro que quería dedicarse a ela.
Foi durante a carreira cando se deu conta que o que en realidade lle chamaba a atención era a Fisioterapia Neurolóxica, tras realizar un voluntariado na Asociación de Parkinson da Coruña.
Alí viu como se combinaba o exercicio terapéutico na rehabilitación destas persoas, convertendo así unha das súas paixóns no seu traballo.